Mostrar mensagens com a etiqueta Dona do Corpo Delgado. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Dona do Corpo Delgado. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 22 de dezembro de 2017

Álvaro Cunqueiro 5

Agora trobo o vento e máila lúa fría,
non o cervo do monte que a ágoa volvía.

Agora trobo o mare e máila nao veleira
non a amiga que canta só da abelaneira.

Agora trobo a lúa e máilo vento irado,
non o cervo do monte, meu amigo pasado.

Agora trobo a nao e máila mar maior,
e non aquela amiga, miña branca señor.

"Dona do Corpo Delgado", Álvaro Cunqueiro

(Álvaro Cunqueiro nasceu no dia 22 de Dezembro de 1911. Morreu em 1981.)

domingo, 22 de dezembro de 2013

Álvaro Cunqueiro

A dama que ía no branco cabalo

A dama que ía no branco cabalo
levaba un pano de seda bordado
Na verde fror
as letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negro
levaba unha fita colléndolle o pelo
Na verde fror
as letras van de amor!

No meio do río cambiaron as vistas,
el para o pano i ela prá fita.
Na verde fror
as letras van de amor!

As vistas lles viron no río cambiar
e o pano e a fita por se namorar.
Na verde fror
as letras van de amor:
Con amor vivirás!


"Dona do Corpo Delgado", Álvaro Cunqueiro

(Álvaro Cunqueiro nasceu no dia 22 de Dezembro de 1911. Morreu em 1981.)