Mostrar mensagens com a etiqueta Avelino Abuín de Tembra. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Avelino Abuín de Tembra. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 16 de julho de 2018

Avelino Abuín de Tembra 3

As multitudes interminables e frenéticas procedían de toda a península. Baixo as naves do santuario xacobeo, os grupos entoaban os cantos imitados dos que se tiñan escoitado nas prácticas litúrxicas.
A melodía característica do ritual, o retrouso marcando as cadencias da idea básica dos cantos, soaron millares de veces aos peregrinos de Santiago de Compostela. Neste concreto ámbito debeu nacer a primeira palabra galega.

Avelino Abuín de Tembra

(Avelino Abuín de Tembra nasceu no dia 16 de Julho de 1931. Morreu em 2009.)

domingo, 16 de julho de 2017

Avelino Abuín de Tembra 2

Galicia da dor inconteníbel
do poeta.
¡Amor galicián!
¿Quen imaxina que a pesar dos teus pesares
ti te vas lonxe?
¿Quen ergue a voz e berra no deserto
destas areas quentes
que fenden os pés amerguradamente?

Quedamos nós. Unha manchea só
de homes. Un grupo de profetas
na terra en que naceron e onde non os escoitan.
Quedamos nós somentes,
como xudeus escallados entre fillos
e pais desnaturados,
que nos ollan fuxidiamente,
cuasi como estranxeiros nas tenzas que traballan.

¡Nosa Galicia probe!
O poeta non pode estar presente
na túa morte infame.
O poeta degoira verte sempre
rixa, forte, virxinal e sempiterna.
O poeta desexa morrer antes
de verte convertida en chan alleo.

¡Lévanos contigo, Galicia dos camiños,
lévanos onde ti vaias,
no adéus desapegado da xente!

¡Lévanos, Nai Nutricia, redentora
da vida que non temos
nin queremos ter sin ti!

Avelino Abuín de Tembra

(Avelino Abuín de Tembra nasceu no dia 16 de Julho de 1931. Morreu em 2009.)

sábado, 16 de julho de 2016

Avelino Abuín de Tembra

Heime aqui!

Heime aqui, meu Deus, nú de materia.
Ollame sin amarqura o pensamento.
Apértame contra Ti profundamente,
como sabes facer cos miseros mortais, probes, informes.

Méteme dentro de Ti
e múdame das maldades, fortemente.
Deixa cair sobor de min a Túa man,
len e quedamente como un cantar de madrugada,
nas herbas da invernía ou nos xaramolos da existencia.

Bicame, Deus bó, na frente doorida,
érqueme hastra Ti que estás no alto.
Aléntame no mal que me corroe,
afástame do frio co Teu sopro,
arrólame no Teu berce de infindades.

Pega os meus pes ao brilo das estrelas.
Arrepúxame, Deus, na Túa roupa seca.
Verás, Deus de imensidade,
verás cómo son home saido de Ti mesmo.
Anque agora non son máis que criatura
sin nada que che presentar,
xa que Ti queres homes con vontade
¡heime aqui!

Si Ti queres homes,
ainda sexa con nodoas pecadouras,
si as lavas ca auga do Teu chover ardente,
¡Home son!
¡Heime aqui!


Avelino Abuín de Tembra

(Avelino Abuín de Tembra nasceu no dia 16 de Julho de 1931. Morreu em 2009.)