Mostrar mensagens com a etiqueta Antonio Bieito Fandiño. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Antonio Bieito Fandiño. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 22 de julho de 2020

Antonio Bieito Fandiño 4

[...]
Por min fai o que quixêres;
a ama do crego ten:
que se o ganou mal, ou ben,
no-o deben decir mulleres.

Teu pai está por medrar;
a tí pouco che debin,
cando sin decirmo a min
te foches a concertar.
O termo hastra aqui encuberto
foi unha gran picardía;
e o decir que no-o sabías,
eso, Perucho, n'he certo.
Quíxênche moito, e engañéime,
servirame d'escarmento,
que para divertimento
bastou; arrepentireime.
[...]

"A Casamenteira", Antonio Bieito Fandiño

(Antonio Bieito Fandiño nasceu no dia 22 de Julho de 1779)

segunda-feira, 22 de julho de 2019

Antonio Bieito Fandiño 3

[...]
Ti sabes que he pertendida,
e dos mais guapos roldada,
con bos mozos moi rogada
para casas de gran vida.
A sua xênte está frolida
desde que co-o crego entrou,
como que a ollo medrou,
e oxê he caniba escollida.
Déixâte de tolaxâdas,
non deas pesar a teu pai,
que sabe mais ben o que fai
que tí, co-as nemorícadas.
Que qués Técola ben sei,
e que tés amistá co-ela,
mais pra muller escollela,
Perucho nunca o pensei.
[...]

"A Casamenteira", Antonio Bieito Fandiño

(Antonio Bieito Fandiño nasceu no dia 22 de Julho de 1779)

domingo, 22 de julho de 2018

Antonio Bieito Fandiño 2

[...]
Escoita, mira detente,
non seas desesperada,
que, asi Dios me salve, nada
souben hastra o de presente.
Probe de min, non me oyeu!
Por um lado ten razon,
que lle sobre, pero non
en pensar que o sabía eu.
Como demonios faréi
para empantanar o caso?
meu pai he duro e perrazo,
e por tema non ten lei:
o crego se ha d'enfadar
se lle digo que non quero;
e miña naí...
[...]

"A Casamenteira", Antonio Bieito Fandiño

(Antonio Bieito Fandiño nasceu no dia 22 de Julho de 1779)

sábado, 22 de julho de 2017

Antonio Bieito Fandiño

Perucho. Tecoliña meu encanto,
pouco importa nos amemos,
se parce que os mismos démos,
pois non pode ningun santo,
pertenden o separarnos,
que para min he morrer.
 

Técola. ¿Que che puido suceder,
home, para tanto pranto? 
Per. Apenas podo contalo,
mais atende o que me pasa:
Xâ sabes que â miña casa
he moi levada o bandallo
da tia Goras de Rabál,
aquela gran zalameira,
embolvedora è embusteira,
que vive por noso mal:

Pois esta boa mullér
propuxô hai tempo a meu pai,
que para casarme hai
convenencias a escoller.
Entre varias que apuntóu,
dixô que a ama do crego
sería o mellor emprego,
o que meu pai acetóu.
Sin rapi-ô demo eu saber
cousa algunha, o vello onte
díxôme â noite "desponte,
que vou a darche mullér".
Anque algo me turbóu
o xûdas da novedá,
caléi; hastra esta mañá
que consigo me levóu.
Fomos â casa do crego,
que achamos moi galloufeiro,
amais ô gran lambaceiro
do irmao da ama Xân Prego.
Almorzamos grandemente,
e sin perguntarme nada,
deron por feita e acabada
a boda correntemente.
Prá domingo as municiós

dí meu pai que han de correr:
eu toléo, esto he morrer:
volva por nosoutros Dios.

"A Casamenteira", Antonio Bieito Fandiño

(Antonio Bieito Fandiño nasceu no dia 22 de Julho de 1779)