Mostrar mensagens com a etiqueta Aníbal Otero. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Aníbal Otero. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 21 de janeiro de 2020

Aníbal Otero 6

Corre, pulsa ligeira, non te esquezas

Corre, pulsa ligeira, non te esquezas
pasa diante de min, abre este tempo
que eu non podo pasar, caido en min, no fondo.
[...]

"Poemas Carcerarios de Aníbal Otero", Aníbal Otero

(Aníbal Otero nasceu no dia 21 de Janeiro de 1911. Morreu em 1974.)

segunda-feira, 21 de janeiro de 2019

Aníbal Otero 5

A cadeia de noite

Pasan sombras polo patio da cadeia
á porta da celda iluminada.
Eu trato de saber quen son
ou degranar o meu ser no istante
o suficiente pra aprehendelo,
pra aprehender aquela auga no futuro,
se o teño, e recordala.
Os sucesos referíndose i-as horas
e tantas persoas de aquel círculo
déijanme de se a vida
se referirá a min, perdido no laberinto humano;
de se a vida no será a latejante afora
e non a miña, de se se haberá vaciado nas sombras
que se moven sobre as lages oscuras do patio
sombras a despar entre as da noite,
espacios fríos humanizados
pola proximidade dos infelices.

"Poemas Carcerarios de Aníbal Otero", Aníbal Otero

(Aníbal Otero nasceu no dia 21 de Janeiro de 1911. Morreu em 1974.)

domingo, 21 de janeiro de 2018

Aníbal Otero 4

A imaxe libre

Paxaros choidos
em verdes abrairas
por ollos fuxidos
ó arco do céu,
pilran adoecidos
da i-alma que abala
dende o seu segredo
hasta o ar de prata.

Nin dos mais dormidos
na sombra de ser
en campos cinxidos
a luz que en azul
cerea estralidos
do ar abrente a vida,
nin niña, é a i-alma
que entre aforas vibra.

Pero cando mais
do todo se cre
esa alma, igualada
no senso da luz,
a niña, cravada
na forcia do ser
pola libre imaxe
esbrara no alén.

"Poemas Carcerarios de Aníbal Otero", Aníbal Otero

(Aníbal Otero nasceu no dia 21 de Janeiro de 1911. Morreu em 1974.)

sábado, 21 de janeiro de 2017

Aníbal Otero 3

Entrou na cela e antes de que se afixera á escuridade unha man puxou por el para que se axeonllara. Era un franciscano novo, e rostro cerúleo, suave e mínimo. Pensou que aquel ser estaba tamén dominado por unha fantasía e non lle repugnou, aínda que ó primeiro lle dera a impresión de que a súa éxtase era finxida. Estaba encerrado nun círculo máis restrinxido có seu, pois era o descrito por outro home, e on o mundo infindo, e vindo xa de atrás en número indefinible.
Pero ó día seguinte coa cerimonia da Comuñón resucitou a súa estoxanza. Sentiuse perdido e triste, sen forza espiritual, sen confianza nela, pois esta baseábase na enxebreza física e moral, e esta última, que parecía a máis fácil de manter, fora a que perdera antes. El non era unha persoa xa, independente como el a concibira sempre, senón un ser perdido no mundo e suxeito ós vaivéns del. Esta idea de ser era máis infeliz cá de persoa, pero abríalle mellor o camiño da morte; sempre pensara que a de persoa era inferior, pero agora cría que a de ser abríalle mellor a compresión do mundo, do nacemento e da morte. Era o fundamental loitar por este, non pola perfección daquela; e a vida como lograda satisfacía por si soa e desaparecía o desgusto de, no outro caso, non logra-la perfección a que por tela parecía un obrigado. Só lle faltaba perfección a aquela idea. Xa antes tivera mostras do seu valor cando chegou a pensar todo o que atanguía na realidade cun valor excepcional, cando antes bastaba que unha cousa chegase a realidade para que el a estoxase como baixa para o espírito, que se dedicaba a atanguer outra para baixala tamén. Pero non chegara a desenvolverse tanto como agora nin a albisca-las grandes perspectivas dela e a grandeza espiritual que tiña. 

"Esmoriz", Aníbal Otero

(Aníbal Otero nasceu no dia 21 de Janeiro de 1911. Morreu em 1974.)

quinta-feira, 21 de janeiro de 2016

Aníbal Otero 2

Os Consellos traballaban ó mesmo tempo cós piquetes da morte.
A primeira tanda dende que Esmoriz baixou ó patio xuntou persoas de moi distinta situación. Todos calaban ou protestaban sinceramente a súa inocencia. Un deles era Don Alexo, un médico libertino do que Esmoriz, home enxebre, consideraba que o castigo era xusto. Molestábao que mentres el se abstiña con dolorosos esforzos esperando o momento de ser bastante perfecto e forte para aspirar a unha perfección ideal, outros se lle adiantasen leda e despreocupadamente, sen pena ningunha, no camiño. Esmoriz o deleite inmoderado só o aceptaba unha vez coñecido o mundo, pero non así alodando a súa pureza, coa única que ofrecía posibilidades ó coñecemento. Tamén antes do Consello manifestara un optimismo ferinte; e ó considerarse fóra dos perigos que ameazaban a todos, considerábao tamén excluído das posibilidades de salvación a que daba dereito o sufrimento.
Non embargante, cando ó día seguinte foi pola mañá á súa cela antes del erguerse e lle relatou o resultado do Consello, Esmoriz recolleu profundamente a imaxe do instante, con el na porta entreaberta, pálido e sereno. A lección de dominio sobre si mesmo igualábao ós seus ollos coa luz da mañá, sen necesidade do esforzo de repara-las dúas imaxes, senón trasfundíndoas unha na outra. E as engradas asomáronlle ós ollos naquel espertar. Don Alexo ollouno e Esmoriz quedou no seu entender desculpado de non dicir nada.

"Esmoriz", Aníbal Otero

(Aníbal Otero nasceu no dia 21 de Janeiro de 1911. Morreu em 1974.)

quarta-feira, 21 de janeiro de 2015

Aníbal Otero

Tanxen os senos

Tanxen os senos. Campana non te esquecias que a túa voz é a
dianteira no ceo do tempo que eu non podo pasar.


A túa voz é o abrente, lonxe de ese día azul que sinto, lonxe,
lonxe, i-o que eu, nesta profunda soedá saudade en que me encontro,
non acho de ningunha maneira.


O sentimento do meu cerco imposible de salvar, de o último de
min mismo, faime amar esa campana que agora me recorda a noite
aberta a un tempo que pode ser para min.


Aníbal Otero

(Aníbal Otero nasceu no dia 21 de Janeiro de 1911. Morreu em 1974.)