O Paradiso, o Paradiso
Cando eu estaba no Paradiso,
aló no Paradiso,
e o pavo real espallou
seus ollos polo espazo,
eu sospeitei que a túa vida
cruzaríase ca miña
moitas veces no tempo,
sospeitei que o minsteiro
era unha gran trapela
fermosa e abraiante
ao mesmo tempo.
Tí sempre espida de distancia,
enfeitizada na ollada de mil ollos.
E sospeitei que escoitarías á serpe,
que xa a tiñas ouvido.
Nas nosas mans ansí os muros derruídos
dun xardín esquencido.
¡Coma si os dous poidéramos chegar a deuses
con istes osos fleves
e os nosos catarros
e a friaxe!
O minsterio na voce que te trouxo
ate a miña soedade.
A noite por enriba de nós.
Pero tí creiches.
Había unha mazaira
que deu comenzo á hestoria.
Nunca o sabrei, inocente de min.
Inda me lembro das albas,
da súa luzada na que permaneces
inmorrente
coma no conto das mil e unha noites.
Decote, no teu sorriso,
anovado, o Paradiso.
"Vieiro de Señardade", Tomás Barros
(Tomás Barros nasceu no dia 3 de Fevereiro de 1922. Morreu em 1986.)
Sem comentários:
Enviar um comentário