quarta-feira, 15 de janeiro de 2020

Manoel Riveiro Loureiro 2

A luz fíxolle moito ben, e foino sacando do seu esmorecemento.
Anque o fería nos ollos a luz confortábao, pois que lle permitía enxergar aquel recuncho, o de sempre, desconchado pola humidade entre o armario e mailo teito. Aquelo éralle de abondo, e deixou cae-las pálpebras cun suspiro aliviadoiro.
Por fin estaba fóra do hospital, agora si. E coidadiño que alí non estaba mal, pero está mellor aquí na casa, deitado na súa cama e ben acochado. A quen se lle diga que tiña frío no hospital, estando como están neste tempo, na forza do verán...
Era un frío dentreiro, que aló adentro ata os ósos lle doían de frío. Un frío por demais cruel; un frío agudo que o acoitelaba todo, tanto no corpo coma na alma. Un frío que comezou a sentir cando chegou a ter conciencia de que estaban no Santiago. Non no mes de Santiago senón mesmo no seu día, vintecinco de Xullo. Cantos anos van alá, sesenta e cinco anos, e aínda semella que todo é cousa de onte, ou de antonte, ou todo máis do mes pasado...


"O Pasamento", Manoel Riveiro Loureiro

(Manoel Riveiro Loureiro nasceu em 1933. Morreu no dia 15 de Janeiro de 2009.)

Sem comentários:

Enviar um comentário