[...]
Estábanlle
pondo os cabalos e aviándoa pra saír. Polo demais non se vía por alí máis que
algunha xente da rúa que iba ou viña. Deime unhas voltas a unha banda e á outra
sen comprender. Comenzaba a sentirme defraudado cando de repente, sen saber
como nen por onde viñera, vin que pola banda oposta do vehícolo, escontra a
dianteira, subía un señor que soio con velo esperimentei unha sensazón rápeda
que me alporizou a sangue toda. ¡Aquil era Curros! Non me cabía a menor dúbida.
Xa non tiña pra que preguntalo. Un pouco escitado pola emozón, dei volta por
detrás da "carrilana" buscando xeito de o ver máis de preto. Cheguei
ó tempo que outro señor dende baixo lle apertaba as mans garimosamente, coma
despedíndose. E alí foi onde eu vin a Curros. Un soio menuto. Pro quedoume tan
gravado na retiña e no corazón que non se me borrou xamais.
Feguróuseme non moi alto, pro tampouco baixo. Cor tirando ó moreno; fronte ampra de patriarca bíbrico; ollos máis ben negros, pro vivos, fulxindo polos cristaes de finos anteollos; narís reuta; barba compreta, negra e ben posta; bigote de puntas reutas, alargadas; anchos ombreiros sobre os que levaba vestido un gabán curteiro e sinxelo; á cabeza un sombreiro dos que daquela usaban os homes da súa condición social: aliña curta e revirada, copa outa, redondeada e dura, que se conocían co nome de "bimbas" e que a il lle caía ademirabelmente. A súa presenza producía unha sensazón de bondade, finura e destención que atraguía e impoñía.

"Dos Meus Recordos", Manuel García Barros
(Manuel García Barros nasceu no dia 16 de Novembro de 1876. Morreu no dia 11 de Abril de 1972.)
Sem comentários:
Enviar um comentário