Un atardecer de agosto fun acompañando a Pepe e Ramón, fillos do noso caseiro, e a outros mozos de Paizás, que ian “tirarlle o loito” as fillas de Picón de Guillamonde, que levaban un ano cumprido dende o pasamento da sua nai. Usábase polo entón este costume, para que a mocidade puidese volver ás festas, despois dun ano de loito nas casas. Era obrigado finxir resistencia a agachar as roupas no fondo da ucha e, naquel caso, as de Guillamonde finxiran oposición bastante despois de moita retesía. Houbo loita, corpo a corpo, polo loito, o que non pesou nada os de Paizás, que as mozas do señor Manuel de Picón eran moi manteigosas e garridas. Sacáronse ao fin os panos da ucha, houbo risos das mozas rescatadas, e fomos logo moi ben obsequiados na casa.
"Memorias dunha Terra", Xosé María Castroviejo
(Xosé María Castroviejo nasceu no dia 4 de Março de 1909. Morreu em 1983.)
Sem comentários:
Enviar um comentário