Estaban facendo un barco
Estaban facendo un barco.
Un ía serrando as táboas.
Estranas cordas, do ceo,
penduraban
silandeiras.
Había unha chimenea
pra fumegar no horizonte,
e un esperto miradoiro
ao sol.
Alguén subía e baixaba
as escaleiras.
Outro, dentro dunha onda,
alombado,
marteleaba sen acougo.
Nubens, montañas, arredor,
ao lonxe,
ían e viñan, ao longo daquelas maus,
pola borda.
Medraba sobor da area
unha sombra
como aza de misterio.
O can deitábase adoito.
Xuntáronse os brazos todos,
un intre.
O barco xa era unha fror
e as augas unha esperanza.
"Berro Diante da Morte", Tomás Barros
(Tomás Barros nasceu no dia 3 de Fevereiro de 1922. Morreu em 1986.)
Sem comentários:
Enviar um comentário