quarta-feira, 11 de fevereiro de 2015

Manuel Lugrís Freire

Cantiga dos amigos da fala

Na fala galega vive
a ialma da nossa terra;
a redención de Galicia
nos seus acentos latexa.

Pobo que o seu verbo esquece
é traidor á natureza;
como irmáns todos falemos

a nobre fala galega.

Amigos da fala somos,
i o amor de Galicia sexa,

xa que de todos é nai,
quem nos xunte e nos protexa.


"Versos de Loita", Manuel Lugrís Freire

(Manuel Lugrís Freire nasceu no dia 11 de Fevereiro de 1863. Morreu em 1940.)

Sem comentários:

Publicar um comentário