Mostrar mensagens com a etiqueta Xosé Luís Franco Grande. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xosé Luís Franco Grande. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 17 de fevereiro de 2021

Xosé Luís Franco Grande 2

Navego pola estrela dos meus soños
e sin sair de min eu vou moi lonxe,
sempre cara ningures…
Lonxe de min, moi lonxe,
eu vou sin volta polo mar do esquenzo,
onde poría medo dar con un.
E de vagar afúndome nun soño
onde xa non se sabe
si un volve, vai ou ven…!

Xosé Luís Franco Grande

(Xosé Luís Franco Grande nasceu no dia 17 de Fevereiro de 1936. Morreu em 2020.)

sábado, 9 de maio de 2020

Xosé Luís Franco Grande

Proclama

Faremos esta terra ó noso xeito,
A modo, dende abaixo,
Dende o cimento fondo á alta capea.


De lonxe chámanos os nosos mortos,
Pero con voces que se senten preto;
Os nosos mortos úrxennos,

Pois sómo-los herdeiros
Dunhas promesas que sabemos feitas
Pero aínda non cumpridas.

Porque eles saben, como nós sabemos,
Que o tempo tanto crea
Como destrúe o que ó seu paso toca.

Por máis que nolo neguen, 

O vello pardiñeiro anovaremos
Para deixalo en herdo
 

Ós que despois de nós chegando vaian,
E estes ós seus herdeiros
E ós que no tempo poidan ir chegando.

Porque a esperanza ó lonxe fai acenos,
Porque nos chama e porque nos convoca
Faremos esta terra ó noso xeito. 

Xosé Luís Franco Grande

(Xosé Luís Franco Grande nasceu no dia 17 de Fevereiro de 1936. Morreu no passado dia 31 de Março.)