Mostrar mensagens com a etiqueta Xoán Manuel Pintos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xoán Manuel Pintos. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 16 de dezembro de 2020

Xoán Manuel Pintos 5

[...]
Xorreiras de lintura
Regálanlle as entrañas, e na tóna
Debroulla, o paramento,de verdura 
C' o amor de Frora, Ceres e Poucona.
Rescenden po los ares os olores
Das herbas e das frores,
Se mecen a marèas as espigas,
E entre tal variedade de colores 
Mimosa randa a freba das estrigas. 
Penduran ricas froitas das froiteiras,
Abondan as madeiras
Nos soutos, e debesas e folgadas
Con vigas muy liñeiras
De valentes toradas:
E resóa o balbordo dos pinales
Como de cóte berra o mar na costa
Batendo as ólas contra os areales.
[...]

"A' Galiza", Xoán Manuel Pintos 

(Xoán Manuel Pintos nasceu no dia 16 de Dezembro de 1811. Morreu em 1876.) 

segunda-feira, 16 de dezembro de 2019

Xoán Manuel Pintos 4

Fermoso labrador que sin cansazo
Fas recachar o mundo, e mil primores
Germolla a feixes por un mar de frores
Con sò quencelo ti dend' o teu pazo:
Ti que o calor difundes po lo espazo
Brillante Febo que de côte giras
Cheo de luz po lo alto firmamento,
Sin que as, edades fagan decremento
No fòco, imnenso de que fógo, tiras:
Notorio, decumento,
Froron dourado po lo azul dos cèos
Que así confunde a impios com' a atéos
Ti que benino a miña terra miras
Carís lle póndoalégre de contento,
A Deus lle pide por un breve instante
Que lle dé forza a meu cativo alento
Porque louores a Galicia cante.

[...]

"A' Galiza", Xoán Manuel Pintos 

(Xoán Manuel Pintos nasceu no dia 16 de Dezembro de 1811. Morreu em 1876.)

domingo, 16 de dezembro de 2018

Xoán Manuel Pintos 3

[...]
De Finisterre ò monte Parafita,
De Santa Tecla ò cabo de Ortegale
Hay o tallon de terra mais bonita
Que España tèn ò norte occidentale.
Báñana toda caudelosós rios
Cadoiros e torrentes,
Que ò cair de curutos e vertentes
Borbollando escumoso los seus brios
Freixas de prata po lo fondo corren
Fasta chegar ò mar a donde morren.

[...]

"A' Galiza", Xoán Manuel Pintos 

(Xoán Manuel Pintos nasceu no dia 16 de Dezembro de 1811. Morreu em 1876.)

sábado, 16 de dezembro de 2017

Xoán Manuel Pintos 2

Alà no ceo do que manda
Hai un ollo mui fiteiro
Que colle de banda à banda
E ve todo mundo inteiro

Nunca dorme nin se randa,
Non deixa can tras palleiro
E sabe a falcatruanda
D'o principio ò derradeiro.
[...]

"A Gaita Galega", Xoán Manuel Pintos 

(Xoán Manuel Pintos nasceu no dia 16 de Dezembro de 1811. Morreu em 1876.)

sexta-feira, 16 de dezembro de 2016

Xoán Manuel Pintos

A Galicia 

Óu Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che meten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.

No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!

Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!

Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès direito.

"A Gaita Galega", Xoán Manuel Pintos

(Xoán Manuel Pintos nasceu no dia 16 de Dezembro de 1811. Morreu em 1876.)