Mostrar mensagens com a etiqueta Xhoán Casal. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xhoán Casal. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 10 de janeiro de 2020

Xhoán Casal 2

A illa

[...]
No seo da iauga fun levado sen rumbo e sen vida..., non sei cánto tempo. Desaparecera o chan dos meus pes, somentes unha soedade sen espranzas ficara, e unha man sostíñame na súa palma antre os dedos.
[...]

"O Camiño de Abaixo", Xhoán Casal

(Xhoán Casal nasceu em 1935. Morreu no dia 10 de Janeiro de 1960.)

quinta-feira, 10 de janeiro de 2019

Xhoán Casal

A illa

Érgome e ollo ó meu redor: o mar.
Estou só, en pe nun anaco de terra, sobre dunha man de area, coma recén nacido no seo da iauga. Cáseque esquecín quén era onte. O sol baldeiróu o meu relembro.
Onte mergullábame nas ondas..., o día non era nidio, tiña unha lus xiada. Lembro as mestas nubens a se afogar no horizonte: mouras e resprandecentes. E o vento a correr sobor do mar, galgando deica nós, axitando as bandeiras da nao. As bandeiras longas i esfiañadas..., o mar afondido. O arfar dos mastros...,e as ratas, milleiros, mareias de ratas mouras a xurdir dos prefundos do barco e a correr pola cuberta a se botar ó mar, a esbarrar antre nós, chiando e berrando entolecidas.
[...]

"O Camiño de Abaixo", Xhoán Casal

(Xhoán Casal nasceu em 1935. Morreu no dia 10 de Janeiro de 1960.)