Mostrar mensagens com a etiqueta Salvador Golpe. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Salvador Golpe. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 27 de julho de 2020

Salvador Golpe 6

N-un abanico

Teño que escribir uns versos,
sexa de calquer maneira,
no abanico d' unha amiga
que teño na miña aldea.

Ela é unha nena garrida,
moi xeitosa, moi ben feita,
que ten estrelas por ollos
e arreboles na meixelas.

E fresca como unhas rosas
que a brisa d' Abril randea,
y é pura como esa brisa,
e pol-o sol é morena.

E ademais de todo, e boa,
y o decir boa na terra
ten un título mais grande
que se fora unha princesa.

"A Nosa Terra", Salvador Golpe

(Salvador Golpe nasceu no dia 27 de Julho de 1850. Morreu em 1909.)

sábado, 27 de julho de 2019

Salvador Golpe 5

Unha cita

Do crepúsculo â lus nacarada,
Mirando pr'a serra,
No curuto do monte mais alto
Lucía unha estrela.
¿Vel-a estrela da tarde? - lle dixen -
Se lonxe da terra
Os traballos y as loitas do mundo
Con vida me levan, 
Mira a estrela que agora ch'amostro,
Que agora contempras,
Cal espello de amor, dos meus ollos
A lus verás n-ela.
E verás n-ese espello, duas almas
N-un solio de estrelas:
A tua alma co a miña, bicandose
Moi lonxe da terra.

"A Nosa Terra", Salvador Golpe

(Salvador Golpe nasceu no dia 27 de Julho de 1850. Morreu em 1909.)

sexta-feira, 27 de julho de 2018

Salvador Golpe 4

Adios a Galicia

As lixeiras
anduriñas
pra Galicia
vindo van;
veñen ledas
tral-os niños
dos amores
d´outro vrán.


Deixan lonxe
n-outras prayas
os recordos
d´ un amor,
y aquí atopan
amor novo,
doces brisas,
craro sol.


¡Quén poidera
tel-as alas
qu´elas teñen
pra voar!
s´así fora
non sintira
tanta pena
por marchar.


Eu como elas
deixo a terra
dos recordos
da niñez;
deixo a patria
dos amores...
sin espranzas
de volver.


Mais Galicia
se un mal fado
separarme
vai de tí,
leva o corpo
porqu´ a yalma
toda enteira
deixo aquí.


¡Adios casa,
soutos, ríos,
veigas d´ ouro
craro sol...!
¡Adios berce
dos amores...!
¡Hastra sempre...!

¡Voume... ¡adios!

"A Nosa Terra", Salvador Golpe

(Salvador Golpe nasceu no dia 27 de Julho de 1850. Morreu em 1909.)

quinta-feira, 27 de julho de 2017

Salvador Golpe 3

Trunfan ouros

Sen coidarte de Dios ni de Satán,
Se n-este mundo quês pasalo ben,
Achégate á quen pode y-á quen ten
E non lle fagas caso ó que dirán.


Cobiza rico ser, fillo de Adán;
Se te chaman Caín, responde: ¡Amen!
O que é bô n-este mundo n´é ninguén
E miran ao qu´é pobre com´á un can.


S´eres rico, anque seas moi ruín
Anque teñas moi pouco corazón
No mundo has de pasar por serafín.


Os xueces rindiranche o seu bastón,
E serás poderoso mandarín...
¡Qué cárceres e leis pr´os pobres son!


"A Nosa Terra", Salvador Golpe

(Salvador Golpe nasceu no dia 27 de Julho de 1850. Morreu em 1909.)

quarta-feira, 27 de julho de 2016

Salvador Golpe 2

A Galicia
No aniversario da morte de Rosalía


Galicia, non te afrixas, ergue a frente:
Que se calou a céltica cantora
Das coitas tuas, xa chegou a hora
De vel-o Sol, da libertá, fulxente.
Tempral-a lira, non; tempral-a inxente
Espada rexional fai falla agora.
O que non teña corazón ¡afora!

Non é teu fillo o que non é valente.
Non te afrixas Galicia; pois xa late
N-esta xeneracion sangue bravía
Que vai da tua libertá ó rescate.
¿Qué importa que non cante Rosalía
Se o día que estrelece é de combate…?
Calou o rusiñol, comenza o día.

"A Nosa Terra", Salvador Golpe

(Salvador Golpe nasceu no dia 27 de Julho de 1850. Morreu em 1909.)

segunda-feira, 27 de julho de 2015

Salvador Golpe

Meus amores

Dous amores a vida
Gardar me fan:
A Patria, y-o que adoro
No meu fogar,
A familia y-a terra
Onde nacín...
¡Sin esos dous amores
Non sei vivir!


Cando xa no meu peito
Non sinta amor;
Canda da miña terra
Non vexa o sol...
Ven, morte, ven axiña
Cabo de min,
¡Qué sin amor nin Patria
Non sei vivir!


"A Nosa Terra", Salvador Golpe

(Salvador Golpe nasceu no dia 27 de Julho de 1850. Morreu em 1909.)