Mostrar mensagens com a etiqueta O tesouro de Santa María. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta O tesouro de Santa María. Mostrar todas as mensagens

domingo, 25 de outubro de 2020

Manuel Lago González 6

O tesouro de Santa María

[...]
Ben repartiu o diñeiro,
ben a trola se fartou...
Doña Urraca estaba triste
-non-o habia de estar, non!
qu'aquel toubo que fixera
roubáralle o seu honor.

Malmuraban os soldados,
botaban escomunios
os cregos o ver que a reina
cen marcos d'ouro roubou,
y-o pobo de Lugo todo
repetía con delor:

- Reina ladra, reina ladra,
vállate Dios!
[...]

Manuel Lago González 

(Manuel Lago González nasceu no dia 25 de Outubro de 1865. Morreu em 1925.)

sexta-feira, 25 de outubro de 2019

Manuel Lago González 5

O tesouro de Santa María

[...]
A reina chegou a eirexa
e po-las portas entrou
o pé de nosa señora
foi rezar unha oración.

¿Rezar? Poida que rezase,
mais logo se levantou
y achegándose o Tesouro
da nai do Noso Señor
as duas maus meten na caixa
cen marcos d'ouro sacou,
e botou fora da eirexa,
correndo como un ladrón.
Reina que toubas os Santos,
¡vállate Dios!
[...]

Manuel Lago González 

(Manuel Lago González nasceu no dia 25 de Outubro de 1865. Morreu em 1925.)

quinta-feira, 25 de outubro de 2018

Manuel Lago González 4

O tesouro de Santa María

[...]
Velei veñen pol-as ruas,
formados os escuadrós
ca xente que D.ª Urraca
por eses mundos levou
a loitar contra seu home,
por ver quen manda dos dous;
velei veñen e tran fame, 
que nos lles deron ración.

Donde os leva D.ª Urraca?
pra que os truxo a pé de nos?
Aique muller sin xuicio!
que reina! que tarollóu!
Doña Urraca, doña Urraca
vállate Dios.
[...]

Manuel Lago González 

(Manuel Lago González nasceu no dia 25 de Outubro de 1865. Morreu em 1925.)

quarta-feira, 25 de outubro de 2017

Manuel Lago González 3

O tesouro de Santa María

Reina Urraca, reina Urraca
malafada te fadou
que foche unha triste reina
tendo tan gran corazón.
 
Si despois qu'enviudache
do Conde que era tan bó,
non te casaras co Rey
D. Alfonso d'Aragón;
Si suidaras de Galicia
e lle tiveras amor
a terra que t'acramaba
y o neno que Dios che dou,
non serias o que foche
vállate Dios.
[...] 
 
Manuel Lago González

(Manuel Lago González nasceu no dia 25 de Outubro de 1865. Morreu em 1925.)