Mostrar mensagens com a etiqueta O Sol do Verán. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta O Sol do Verán. Mostrar todas as mensagens

sábado, 24 de agosto de 2019

Carlos Casares 4

No pouco tempo durante o cal puiden ver o corpo espido de Carlos, morto e tirado na bañeira, antes de que Arturo me sacase pola forza do cuarto de baño, pareceume que da parte dereita da cabeza do cadáver, á altura da tempa, penduraba un cacho pequeno de óso esmigallado en anacos minúsculos e afiados, igual que se fosen os fragmentos da casca dunha noz que se acabase de partir. Desde aquela noite, o estoupido da pistola que acabou coa vida de Carlos asocieino con esa imaxe, non polo ruído da arma en si, senón porque me parecía que o cranio, ó ser rebentado pola bala, rachara daquela mesma maneira.

"O Sol do Verán", Carlos Casares

(Carlos Casares nasceu no dia 24 de Agosto de 1941. Morreu em 2002.)

sexta-feira, 24 de agosto de 2018

Carlos Casares 3

Penso en Carlos e non sei en quen estou pensando realmente, se naquel rapaz divertido e atoleirado que podía desencadear unha catástrofe cando se lle atravesaba calquera loucura repentina na cabeza, ou naquel mozo adolescente que de pronto, nun verán, se converteu para min nunha especie de descoñecido, tamén unha miga triste e melancólico, calado e retraído como non fora nunca, ou no Carlos dos últimos anos, novamente divertido como cando era neno, ás veces un pouco desconcertante e enigmático, sempre alegre e contento, que nos veráns pasaba horas falando comigo polas noites, sentados os dous na solaina aberta desta casa de Beiro, onde estou agora. [...]

"O Sol do Verán", Carlos Casares

(Carlos Casares nasceu no dia 24 de Agosto de 1941. Morreu em 2002.)

quinta-feira, 24 de agosto de 2017

Carlos Casares 2

Agora, transcorridos dez días da morte de Carlos, a imaxe dese ruído segue dentro de min, agrandada ademais polo sentimento de que el se foi daquela maneira inesperada, como se partise de viaxe para sempre sen avisar, fuxindo pola noite, amparado pola escuridade e sen dicirme adeus, como un ladrón. Pechada eu soa nesta vella biblioteca, paso horas ordenado papeis, movendo libros dun sitio para outro, ou simplemente sentada na butaca de coiro que está ó pé da ventá que se abre cara ó río, pero coas contras arrimadas porque me molesta a luz do sol. Refuxiada na penumbra, penso en Carlos, naquel ruído de noz cascada que me espertou xusto cando me acababa de deitar, poucos minutos despois de despedirnos no medio do salón. Pero sobre todo penso no Carlos que coñecín aquí nesta casa hai preto de vinte anos, cando eramos nenos e el veu pasar o primeiro verano con nós, invitado pola miña nai. As lembranzas de todo ese tempo soben e baixan pola miña memoria, ás veces desordenadas e confusas, como un rabaño atacado polo lobo, e outras veces claras e precisas, mesmo como se fosen vivencias en relevo, igual que se máis alá desa fiestra entornada que me defende da intensidade deslumbrante do sol, o mundo fose de novo aquel que era, aqueles días felices de tantos veráns azuis que pasamos xuntos na casa de Beiro, esta mesma casa onde vivo desde que casei.

"O Sol do Verán", Carlos Casares

(Carlos Casares nasceu no dia 24 de Agosto de 1941. Morreu em 2002.)

quarta-feira, 24 de agosto de 2016

Carlos Casares