Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Cuña Novás. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Manuel Cuña Novás. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 1 de junho de 2021

Manuel Cuña Novás 5

O lagarto

Malencónico seixo do lecer,
doce namoro meu do meiodía centro,
pan quente a miña pel verdexiada,
ista derradeira raiola, ista pinga de luz
cae ispida no pó da corredoira. N-é túa.

Virán somas e medos
agudos como cristaes de neve
a roldar o meu corpo esgarecido.

Ben sei da miña morte: unhas mans nenas,
mans do xogo entre amoras degoradas,
manciñas sin escola axexando a valeira serán,
namentras do solpor enfrautan luz os páxaros,
por enriba dos aers estantíos e núos,
atoparán o meu corpo
en doce pedra quente convertido.

Despois, no paradiso cheo de sol e ascua,
pólos muros vizosos de silveiras e amoras
loumiñarei os meus pes de verde frío.

Asemade atendín a o silenzo da noite en chorros outurada,
sarabia que no ceo faise luz e pendura:

Rodaba o mundo cristaíño e alobre
baixo a lúa que imanta outuras dos anceios
e ía parecendo na traslación da ollada
a outras fermosuras e outros cánticos
no iminentes laio derradeiro.

Non teño outra eisperencia tan temida
ao meu recullo vou que a enbadonuese o día.

"Fabulario Novo", Manuel Cuña Novás

(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu em 1992.)

segunda-feira, 1 de junho de 2020

Manuel Cuña Novás 4

Frauta na noite

Agoiro de frauta antiga
que namorou a lúa
medoñenta das rodas dos camiños
e os anelos das cobras. Ainda
un oco de soma é lar e faise medo.

O sapo era como un paxaro triste
en col de un ramaxe núo que refrexou a xerfa;
seu laído na tébra aluarado
rompeu os nidos segredos da noite.

Pólos derradeiros sonos
rodaba cristaíño un degaro de azas novas.

Nos arañeiros doídos
tece prantos a choviña
e o silenzo faise fonte na silveira.

O sapo é unha mazán vouga, lamacente,
noitébrega semente das silenzosas ágoas
que aloumiñan na noite malencónica
doces seixos de lúa.

O sapo foi un neno,
aquil neno encantado na maxia de unha léenda
que adeprendeu soíño
a cenza alobre das cobras e os lagartos.

O sapo foi un neno
c-un carreiriño de vagalumes en cada man furada
n-aquel primeiro sono derrubado
xa cheo de paradiso.

"Fabulario Novo", Manuel Cuña Novás

(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu em 1992.)

sábado, 1 de junho de 2019

Manuel Cuña Novás 3

O carro 

Vida: Tempo é xa
de alongare os camiños
na pisada valeira dos mansos bois e cansos:
vai no eixo o teu centro, e van na roda os sonos
beirados de silveiras e tenros vagalumes.
E vai dando ao teu ser antigo, estarabouzo
feito de amor e xebre e restroballo,
a forma inaprensibre
na doce señardá das corredoiras:
a dór que non se vai, non, que non se vai, que non se vai.

"Fabulario Novo", Manuel Cuña Novás

(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu em 1992.)

sexta-feira, 1 de junho de 2018

Manuel Cuña Novás 2

Mariñeiro, mariñeiriño
déixame pasar a ría
que perdín o meu vestido.

Rosa e xazmín,
non levarei agora
o que eu perdín.

Mariñeiro que tés amores
déixame ir na falúa
que estou vestida de frores.

Rosa e xazmín,
non levarei agora
o que eu perdín.

Mariñeiro que amores tés
déixame ir na falúa
que estou por amores núa.

Rosa e xazmín,
non levarei agora
o que eu perdín.

"Fabulario Novo", Manuel Cuña Novás

(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu em 1992.)

sexta-feira, 18 de maio de 2018

Manuel Cuña Novás

Mapoulada, mapoulada do rio

Mapoulada mapoulada do rio
que mapoula é.


Quen alcende as escumas do frío
muiñeira é.


Quen marmura na lingoa do río
lavandeira é.


Quen pendura o seu sono de un fio
tecedeira é.


Mapoulada mapoulada do río
miña noiva é.


"Fabulario Novo", Manuel Cuña Novás

(Manuel Cuña Novás nasceu no dia 1 de Junho de 1924. Morreu no dia 18 de Maio de 1992.)