Mostrar mensagens com a etiqueta Luís González Tosar. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Luís González Tosar. Mostrar todas as mensagens

domingo, 25 de agosto de 2019

Luís González Tosar 2

[As palabras soben e baixan]

As palabras soben e baixan,
resoan na estreitez das rúas,
fanse luz e, a veces, até son felices,
chocan contra os muros,
rebotan, perden o equilibrio...
As palabras pasan sede
e teñen fame,
camiñan cos peregrinos,
aman outras palabras,
viven
e van morrendo
sen remedio.
Este poema ban podería ser
un monumento,
algo do que os humanos
lles debemos ás palabras.
Pero non...

"Estúrdiga Materia", Luís González Tosar

(Luís González Tosar nasceu no dia 25 de Agosto de 1952)

sábado, 25 de agosto de 2018

Luís González Tosar

Volver a Compostela

Cidade, os teus ollos de onte
foron o espello roto
onde eu quixen amarte.

Chegar a Compostela desde dentro,
coa forma da palabra rezumando,
voltar cara ó silencio de granito
cando a vida é verdade e ninguén chega.

Tan só o verso que ispe na nostalxia,
leve harmonía do lume en homenaxe
ou retorno a esa fraguiza sempre acesa
que nos marca os alustros da memoria.

Tráioche agora unha oración de noite
pecha e reixas forxadas ás escuras
coa música dos teus canos de pedra,
e ti segues ofrecéndome a túa aperta
falsa e clandestina,
erguendo as mans das lousas prohibidas
co engado do que brilla e se proclama.

Pouco ten mudado,
nada cambia
o ritmo das sombras debaixo das torres;
Santiago é un rostro sorrinte
na máxica bóveda das estrelas.


Luís González Tosar

(Luís González Tosar nasceu no dia 25 de Agosto de 1952)