Mostrar mensagens com a etiqueta Acoitelado na Espera. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Acoitelado na Espera. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 29 de setembro de 2020

Alexandre Cribeiro 5

[Tremendamente triste vouche pedir]

Tremendamente triste vouche pedir
que me deala man, compañeiro,
que eu sinvo pra loitar
i-o meu sangue é do teu.
Por onde fuxe a libertade
estaremos hirmán
pra recolle-lo plomo.
Pero resulta verdadeiramente importante
que tu me deala man,
pois que de duas xuntas i-agarradas
quedan ceibes outras duas,
fortes e seguras
como a fame que a Terra exporta.
Vente compañeiro,
vamos ó regueiro onde ferve o sangue
que xa non debe ser inútil.
Vente, compañeiro, que por máis que maten
o acougo mais valerá.
Vamos pola beira
que inda somos poucos:
o frente xa se encherá.

"Acoitelado na Espera", Alexandre Cribeiro 

(Alexandre Cribeiro nasceu no dia 29 de Setembro de 1936. Morreu em 1995.)

domingo, 29 de setembro de 2019

Alexandre Cribeiro 4

As rosas do mencer caladas;
e o loito viaxaba nas paredes
coma carbón usado.
Estaba o amor ferido.

"Acoitelado na Espera", Alexandre Cribeiro 

(Alexandre Cribeiro nasceu no dia 29 de Setembro de 1936. Morreu em 1995.)

sábado, 29 de setembro de 2018

Alexandre Cribeiro 3

Chiar? Rachar? Dudar?
Ó final, soio queda
a estúpida pantasía
de querer morrer.


"Acoitelado na Espera", Alexandre Cribeiro 

(Alexandre Cribeiro nasceu no dia 29 de Setembro de 1936. Morreu em 1995.)

sexta-feira, 29 de setembro de 2017

Alexandre Cribeiro 2

O último poente é xa mentira.
Muller quente cingida ás olas,
o teu corazón lonxano xa é mentira.
Muller feita de silencio e pedra,
de distancias inútiles e pedra,
teus ollos, teus seos enormes,
teu inxelo sentir, é xa mentira.
Muller xoven, potente e tenra,
muller,
muller como unha lúa:
eres mentira nacendo en mín.
Pode chover.
Debe chover.
Chove. Chove hastra afogar
a ialma
e os meus ósos cheos de tí.

"Acoitelado na Espera", Alexandre Cribeiro

(
Alexandre Cribeiro nasceu no dia 29 de Setembro de 1936. Morreu em 1995.)