Qué carreira levaría un cabaleiro que á as once d'a mañán do 20 de Xunio do ano 1134 atravesaba á todo escape a ponte Taboada - a vella, por sabido - cara á Prado, n-a parroquia de Bendoiro? Tal era á fuga que levaba, que anque mismo non houbera o arcaván que xunta os dous penedos que fan de cepas, unha de cada lado do río, o cabalo salvarío sin falta; pois parecer, pariceu que ao levantar as patas de sobre o penedo d'a banda d'acó, xa tiña pousadas as mans n-o penedo da banda d'aló.
Agora direi de cómo iba portado. Levaba un á modo de saco feito de pequenas argolas de ferro enfiadas unhas n-as outras e cosidas contra un fondo todo de coiro. O saco subía hastra cubrirlle a cabeza, rodearlle o pescozo e taparlle o queixo e máis algo d'as meixelas. Sobre d'a cabeza e cara así envolvidas, levaba coma unha monteira de ferro que por diante tiña unha barreta tamén de ferro, que lIe chamaban nasal, porque defendía o naríz. Debaixo do saco ou cota víaselle un faldriquitín de ante, e de ante eran tamén os calzoos que lIe cinguían toda á perna hastra envolverlle o pe. Unha curta pero recia espada pendíalle do talí, que levaba atravesado sobre o hombreiro direito, e as esporas eran á antiga, e en vez de rudicio tiñan un longo aguillón como os espunllos d'os galos. O escudo, de feitura de triángulo, levábao encolgado no arzón d'a besta.
"O Niño de Pombas", Antonio López Ferreiro
(Antonio López Ferreiro nasceu no dia 9 de Novembro de 1837. Morreu em 1910.)
Sem comentários:
Enviar um comentário