sexta-feira, 2 de outubro de 2020

Ramón de Valenzuela 5

Foi en Lalín, hai tres ou catro anos. Un día ordenei de casar coa filla do Notario. Era un paso moi serio, porque a nena tiña dezaoito anos, e resultaba noviña para min. Penseino ben todo o día. Metinme no medio dunha leira de millo onde ninguén me vira, cavilando, cavilando, cavilando. A eso das dúas da mañá achegueime á igrexa de Donramiro, pegueille un afincón á porta pequena e rubín ó campanario. Agarrei os dous badalos e comecei a mallar nos sinos a canto máis podía. Toda a noite de Deza parecía un trono. Eu repenicaba arreo. Tiña preparado un foguete de lucería que me dera o fogueteiro de Bazar e logo boteime novamente ás campás. De alí a pouco empezou a chegar xente con lanternas e fachicos de palla, por todos os camiños que daban á igrexa. Eran os meus labregos que sabían que eu non os ía deixar sen convidar á voda. Cando coidei que xa non cabía máis xente no adro, deixei de tocar.

"O Naranxo", Ramón de Valenzuela

(Ramón de Valenzuela nasceu no dia 3 de Outubro de 1914. Morreu em 1980.)

Sem comentários:

Enviar um comentário