domingo, 12 de janeiro de 2020

Miguel González Garcés 4

Poema ó meu mar

[...]
É a miña mar galega.

Toda Galicia é mar.

Durme nas rías cos soños verdes de arumes de pinos
e rechouchío de xílgaros.

Ruxe nos con sergueitos. No Vilán, na Torre, na Fisterra, no Ortegal.

Toda Galicia é mar.

Vivo o abalo constante do mare verdecente
ó pe dos grande muros que teceu a Historia.
O absurdo xemidor de non se sabe cal pena.

Solemne, irta, ergueita, maxestosa,
Rubindo pedra a pedra hastra si mesma,
podente diante as ondas,
soñando cos seus soños millentarios,
a miña Torre é vixía do meu mare
que racha, fende, enemigos roquedos
cas verdes, azues, brancas, roxas,
ondas os outos berros.

A Torre que edificou Breogán - ou cecais Hércules
refrexa no seu espello
toda a plenitude do mar.

E tamén unhas illas lontanas que soñou Ith.

Endexamais Eirín foi unha terra.
Engado do soño dun poeta galego que ollou nun espello o mar.

Nos grandes riscos báñanse as sales azúes da viva mar.

Nunha furna a Serea peitea os seus cabelos louros

Entre das olas fulxen os pavos reás verdes,
as miúdas pombiñas, o voo de maxestade das gaivotas.

E un corvo, que é unha mota moura no azul.

E o sol é un soar de abellas no serán
namentras nos vellos tempos das vilas solagadas
resoan, co berce das augas, as campás.

[...]

Miguel González Garcés

(Miguel González Garcés nasceu no dia 12 de Janeiro de 1916. Morreu em 1989.)

Sem comentários:

Enviar um comentário