A aldea grabada en letras de lume
Ne encomenzo da pedra
entregada ao lene sono,
a formiga travesaba a códea
do albre
até o ceo.
Percorría o mundo,
chegaba e deixaba calquera cousa
sobor da táboa.
Ninguén podía facer o tempo
máis vagaroso
ou bulideiro.
Somentes unha muller.
Diríase que a aldea
alapeaba nas vidas.
Cantas sombras inda vivas!
Ou morábamos dentro dun zoco?
Así que ao travesar
o bosco no fusco
viña dar sempre no mesmo lugar:
no campo de corazóns latexantes
que semellaban frores.
Abríase unha vidreira
coma os ollos no chan,
a verdade
coma un sulco infindo no ceo
poboado de trigo.
Ouh, cánto día e cánta noite
seiturábase naquel recuncho!
O aceno das outras garamallas
no vento
facían a lus tanxíbel.
"Berro Diante da Morte", Tomás Barros
(Tomás Barros nasceu no dia 3 de Fevereiro de 1922. Morreu no dia 3 de Setembro de 1986.)
Sem comentários:
Enviar um comentário