Acompáñame
Son dun tempo
de espectáculos, lanternas e acebeches comigo.
Tamén sei dunha violencia de silencio
en serpe oculta de maligno
que maldigo.
Na raia da evidencia - tan ás claras -
eu tributo, distraída dos pans,
cada pedazo entre o noxo das brasas,
no molestar do cotián ese
odioso caníbal dos meus ollos.
Porque
Sei de sereas verdadeiras tamén cantando venenos,
e máis das inmensas prosas do descanso.
Pero é que as miñas zonas
Tamén son rostros conxestionados polo traballo.
Maldigo o precio da vida que arrastran,
e fusilo de min a disciplina da ordenanza.
"Tigres coma Cabalos", Xela Arias
(Xela Arias nasceu no dia 4 de Março de 1962. Morreu em 2003.)
Sem comentários:
Enviar um comentário