segunda-feira, 9 de julho de 2018

Xulian Magariños

Cibrán Teixido, com ática elegancia, arredou as tesoiras da cachola do parroquiano, e seguiu cortando no aire, facéndoa repenicar artisticamente.
- Vaia un tempiño, eh? - dixo, voltando a cortar nos cabelos.
- Si, home! - falou o parroquiano mentras se ollaba no espello que tiña diante.
- Está tremendo!
- Non se pode saír da casa!
- Nin na casa se está ben, polo frío que fai.
- O remédio está no lume.
- Iso cando hai que queimar.
- Leña non falla.
- O piquer é atopala enxoita.
- Certamente; a auga molla todo.
Un novo parroquiano entrou na barbeiría. Sacou o sombreiro e deu uns couces no chan pra sacudir a auga.
- Qué tempo! - dixo.

"O Filósofo de Tamarica", Xulian Magariños

(Xulian Magariños nasceu no dia 16 de Setembro de 1904. Morreu no dia 9 de Julho de 1934.)

Sem comentários:

Enviar um comentário