quarta-feira, 14 de junho de 2017

Maruja Pino 2

Amor cego

Unha noite en xaneiro
a grande lúa prateada
alumeaba no xardín
a dous noivos que falaban.


A probe da rapariga
tan embobalicada estaba
que lle di él, ¡este e o sol!
e hastra coido lle queimaba.


Pro cando abriu os ollos
a probe nena ¡choraba!
pois facia moito frio
¡i era tan noite pechada!


Maruja Pino

(Maruja Pino nasceu no dia 14 de Junho de 1918. Morreu em 2010.)

Sem comentários:

Enviar um comentário