quarta-feira, 22 de junho de 2016

Antonio Fernández Pérez

Aquela tarde, ben a meu pesar, vinme obrigado a iludir a reportaxe de rigor. O espacioso salón do Círculo Mercantil estaba ateigado de xente cando eu cheguei, trinta minutos despois da hora estipulada. A culpa foi daquel maldito taxi, que me deixou a pé no medio do camiño.
Xa no vestíbulo de vistosos mármores, um bedel uniformado preguntou que desexaba.
- Falar co presidente da Comisión - respondinlle.
- De parte de quen?
- De Ramón Cudeiro.
Entón o home fixo unha venia de cortesía. Tal vez pensou que se estaba vendo de frente co autor premiado, pois a verdade é que eu ía "da súa parte"...

"Terra Coutada", Antonio Fernández Pérez 

(Antonio Fernández Pérez nasceu no dia 22 de Junho de 1909. Morreu em 1999.)

Sem comentários:

Publicar um comentário