quinta-feira, 16 de abril de 2015

Emilio Álvarez Blázquez

É noso pai quen chama.
Vén triste, esfarrapado,
e nós non temos nada.

 - Vaia con Dios, mi vida,
dícelle a nosa nai.
¡Cómo chora a probiña!

- Eu non pido, María,
que só veño onda vós
a dar a despedida,

que me levan á morte
os infames, os tortos,
os sañudos traidores.

Cando desperte o día
morrerei sen máis culpa
que ter a ialma limpa,

que amar a luz, o ar,
as palabras da paz,
a voz da libertade...

- Vaia con Dios, mi alma,
vaia com Dios, mi vida...!
¡Cómo chora a coitada,

cómo chora a pobriña,
cómo se lle parte o triste
corazón a María...!

"O Tempo Desancorado", Emilio Álvarez Blázquez

(Emilio Álvarez Blázquez nasceu no dia 16 de Abril de 1919. Morreu em 1988.)

Sem comentários:

Publicar um comentário