domingo, 8 de fevereiro de 2015

Eduardo Pondal

Batidas dos ventos,
Garridas e bellas
E ben engastoadas
Dos pinos pendentes,
Suspiran as arpas.
Están murmurando
Mil cousas pasadas.
¡Que dirán as copas
Do vento agitadas!
¡Que dirán suspenses
As mágicas arpas!
Non sólo murmuran
As cousas pasadas
Dos fillos dos celtas,
Mas tamén murmuran
As futuras ansias
As arpas garridas
E ben acordadas
Dos pinos da patria.


"Novos Poemas",  Eduardo Pondal

(Eduardo Pondal nasceu no dia 8 de Fevereiro de 1835. Morreu em 1917.)

Sem comentários:

Enviar um comentário