Mostrar mensagens com a etiqueta No Desterro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta No Desterro. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 3 de junho de 2019

Ramón Cabanillas 5

¡1921!

Mozas da vida, probes e soldados
nas rúas e dancings e merendeiros.
Luxuria, fame e guerra misturados...
¡Roma imperial nos días derradeiros!

Nin honor nin vergoña. Conchabados
con maricas, grupieres e mineiros,
van razziando o país os diputados
desertores do Tercio de Estranxeiros.

O Arte, nos salóns, apesta a rancio,
os xornales empréntanse en Bizancio
e a Chelito meteuse gran señora.

O pobo chora ós mortos da traxedia
¡e o Rei é vitoriado na Comedia
onde trunfa en camisa Musidora!
 

"No Desterro", Ramón Cabanillas 

(Ramón Cabanillas nasceu no dia 3 de Junho de 1876. Morreu em 1959.)

domingo, 3 de junho de 2018

Ramón Cabanillas 4

Tarde baixa 

Sol de outono no mar calmo fungue o lume;
alá, lonxe, chirra un carro no camiño;
canta a ágoa no rodicio do muíño
e arrecende dos fiúnchos o cheirume.


Por enriba dos tellados rube o fume;
esbardallan as lavercas antre o liño;
roxa lúa, con fasulas de meniño,
aparesce da montana sobre o cume.

Zoa a mística campana. Nos lameiros
unha flauta; a dos sapos agoireiros.
Anda o trasno gargallando nos pinares.

Van e veñen luces roxas polo monte.
As rapazas van con medo cara á fonte.
Bravo, céltigo aturuxo fende os ares.

"No Desterro", Ramón Cabanillas 

(Ramón Cabanillas nasceu no dia 3 de Junho de 1876. Morreu em 1959.)