segunda-feira, 26 de novembro de 2018

Gustavo Pernas 2

A vella sensación do prohibido. Peza pintoresca e Pinteriana.

Néboa. Parella con colchón no alto dun monte.

ELA- ¡25 anos!
EL- Si.
ELA- Durou moito, ¿eh?
EL- Agora non aguantan tanto.
ELA- Esgótanse antes (Pausa) ¿Estás cansado?
EL- O camiño...
ELA- Segue igual. ¿Decatácheste?
EL- Non puiden velo.
ELA- Xa, a néboa.
EL- Non, o colchón.
ELA- Pesa, ¿non?
EL- Só puiden ver as pedras e...
ELA- Daquela subimos máis rápido.
EL- Daquela non tiñamos colchón.
ELA- ¿Lembras? ¿Estará cambiado?
EL- Non se ve nada...
ELA- ¿Clareará?
EL- Sempre a néboa.
ELA- ¿Sempre?
EL- A primeira vez... e agora.
ELA- A primeira vez non había néboa.
EL- ¿Non? Ben, sempre hai unha primeira vez.
ELA- ¿Lembras? Asomámonos desde a balaustrada, ¡que marco, que vista! Había barcos, árbores, peirao, faro e ó lonxe...
EL- ¿Que?
ELA- Non me lembro que había ó lonxe.

[...]

Gustavo Pernas

(Gustavo Pernas nasceu no dia 26 de Novembro de 1959. Morreu no passado dia 29 de Outubro)

Sem comentários:

Enviar um comentário