domingo, 18 de novembro de 2018

Eliseo Alonso 3

O vento Mareiro sopraba da ría. Era unha boa podada para ir cara a ciudá. Os ventos mandan nos barcos e nos destinos das xentes. Soio a mitade do que acontece é obra dos homes. Neste caso, a outra mitade - ou bastante máis, pois é difícil fixar porcentaxes - corresponde ao viño e aos ventos. Os catro mariñeiros, catro amigos, catro pes pra un banco - como dicen as vellas -, catro vasos nivelados, pularon do "Arroaz II" coma outros catros arroazes.

"A Rúa do Noxo", Eliseo Alonso

(Eliseo Alonso nasceu no dia 1 de Março de 1924. Morreu no dia 18 de Novembro de 1996.)

Sem comentários:

Publicar um comentário