quinta-feira, 14 de setembro de 2017

Eduardo Blanco Amor 2

A min dábame moita tristura o asubío do tren. Cando era no bó tempo duraba pouco, pasaba rachando o ár como un paxaro. Pro no tempo das chuvias perdurabres, ía e viña por sóber de nós, arredor de nós, estarricándose, subindo e baixando por enriba dos nubeiros, mergullado nos profundos da terra, rolando polas canles do sangue noso. Era un laído rondo, axordado, ouveado que metía a pena no corazón.

"Os Biosbardos", Eduardo Blanco Amor

(Eduardo Blanco Amor nasceu no dia 14 de Setembro de 1897. Morreu em 1979.)

Sem comentários:

Enviar um comentário