segunda-feira, 25 de julho de 2016

Ánxel Sevillano

Un anxo

Eu sentin trepar, meu pai,
e máis nun pasóu ninguén;
coido que sería un anxo?
Eu ficaba eiqui soliño,
nista xesteira en frol,
í o anxo viría enredar conmigo,
ti non coidas?
E qué xoguetes terán os anxos?
Terán cabalos de cartón?
E podrase entrar no ceo
con cabaliños de cartón?
El Señor, de certo,
xogará cos nenos e cos anxos;
farán carreiras, andarán ós niños
e chimparán abelás ás reboladas?
Cando eu vaia ao ceo
quero levar o meu cabalo
e mais o carro de tres rodas
que me mercache no feiral.
Eu montaréi, i os anxos
turrarán por min, nonsi?
habrá estreliñas fartas sementadas;
deixarán andar nelas?
Cando eu vaia ao ceo
ti has vir conmigo, ¿Non é certo?
Sinón non quero ir.
E hai que morrer, meu pai,
pra poder ir o ceo?
Mais qué falas tí, meu pequeno,
qué falas; ti non ollas?
O ceo fica eiquí,
Dios fica eiquí,
o Anxo fica eiquí onte ti moras?
Imos xogar co carro;
¡qué sol cego,

que vida mais fermosa!

Ánxel Sevillano

(Ánxel Sevillano nasceu no dia 25 de Julho de 1906. Morreu em 1989.)

Sem comentários:

Publicar um comentário