terça-feira, 6 de novembro de 2018

Luis Moure Mariño

Lémbrome dunha longa tempada dun fosco inverno en que era tanta a choiva que os gandos tiñan que estar encortellados e aos nenos non nos deixaban botar fora por culpa do bulleiro dos camiños. Aquiles días, os cativos non podiamos xogar no souto nin na aira de pedra e miña aboa deixábanos rebrincar na palleira, por mor de que estivesémos ao recolleito.

"Sempre Matinando", Luis Moure Mariño

(Luis Moure Mariño nasceu em 1915. Morreu no dia 6 de Novembro de 1999.)

Sem comentários:

Enviar um comentário