Mostrar mensagens com a etiqueta Xoán Cuveiro Piñol. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Xoán Cuveiro Piñol. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 28 de maio de 2019

Xoán Cuveiro Piñol 2

Unha corrida de arroaces

Ningún pode gabarse de ver na súa vida máis que solasmente unha vez esta clas de festa. Tampouco se atopa en tódalas rías baixas nin en todo o litoral de Galicia, un sitio de mellor xeito que a ría de Pontevedra, e nesta ría a mesma capital, por ter a cercustáncea de desfogar naquela o río Lérez.

[...]

Xoán Cuveiro Piñol

(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)

segunda-feira, 13 de agosto de 2018

Xoán Cuveiro Piñol

Os misterios dunha empanada

Era eu inda moi noviño cando sucedeu o que vou a contar. Acababa de terminarse a derradeira guerra civile de Portugal: os miguelistas vincidos tiveron que fuxir imigrando a España, pasando moitos por Valença do Miño a Tui, astra chegar á Cruña. Acó tocoulle a miña boa nai aloxar o Capitón Sr. Manoel Leite, que en compaña do seu asistente Lourenzo, e do seu can Marruco, tomou posesión de toda a casa, sin deixar a cuciña, pois era o tal Capitón un grande larpeiro.
O segundo día de estanza na casa ó chegar eu da escola percibín certo cheiro a pan quente, asín como cando sae do forno; eu, malpocadiño, pinsei pra min que quizaes o Capitón gostase do pan quente, mais logo tiven que cambear de ideia, ó ver enriba dun arcaz que tiñamos na cuciña unha grosa empanada, como de tres ou catro libras de masa, que eu mesmo tentei, e vin que non tiña dúbida que era empanada.
Reloucando de gosto, como todo rapaciño que non se dá conta dunha cousa nova,ou que poucas veces se ve pola casa, púxenme a atisbar a furtadelas, a ver cando se abría a empanada, pois contaba con que algo dela me tocaría anque non fose máis que un corrosco de pan; mais cal sería meu asombro ó ver que o Sr. Manoel Leite, coitelo en mau, abre a dichosa empanada e apareceu no fondo dela nada menos que dúas grandes chalrreteras de prata, tan limpas cal si acabasen de saír da frábica. O desencanto foi, como poden supoñer os meus leitores, grande, e perguntando de certo modo a Lourenzo, díxome que asín se limpaba a prata e o ouro no Portugal.


Xoán Cuveiro Piñol

(Xoán Cuveiro Piñol nasceu no dia 28 de Maio de 1821. Morreu em 1906.)