Mostrar mensagens com a etiqueta O Tempo Desancorado. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta O Tempo Desancorado. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 16 de abril de 2019

Emilio Álvarez Blázquez 6

Meu reino não é desta árvore,
disse o melro, e pus em cruz
as asas sobre a paisagem...

"O Tempo Desancorado", Emilio Álvarez Blázquez

(Emilio Álvarez Blázquez nasceu no dia 16 de Abril de 1919. Morreu em 1988.)

sábado, 22 de setembro de 2018

Emilio Álvarez Blázquez 5

Por eiqui viñeron
outrora os cantares
cando eu era nano.

Por esta valgada
viñeron os bicos
e as floriñas brancas.

Agora - non chores! -
ven un vento frío,
de aló, de moi lonxe...

"O Tempo Desancorado", Emilio Álvarez Blázquez

(Emilio Álvarez Blázquez nasceu no dia 16 de Abril de 1919. Morreu no dia 22 de Setembro de 1988.)

segunda-feira, 16 de abril de 2018

Emilio Álvarez Blázquez 4

Se unha certa tenrura
trespasara estes versos
é na memoria tua.

Palabras non se atopan
pra decir o teu nome
sen que veña unha pomba

de soledá a aniñarse
no corazón, xa canso,
María, de chamarte.

Dónde estarán pousadas
as túas mans de liño
e aquela deloirada

lentura dos teus beizos
sobre a rosa do sono
na noite, cando menos?

As bágoas que verqueras
agora dan un froito
serodio de camelias,

e se orballa na horta
un recendo de tí,
marmansiño, nos molla,

inmensa flor de loito,
resurrección eterna
do pranto dos teus ollos.

"O Tempo Desancorado", Emilio Álvarez Blázquez

(
Emilio Álvarez Blázquez nasceu no dia 16 de Abril de 1919. Morreu em 1988.)

sábado, 16 de abril de 2016

Emilio Álvarez Blázquez 2

Poño á noite por testigo
das noites en que non durmo
pra poder soñar contigo...
 

"O Tempo Desancorado", Emilio Álvarez Blázquez

(
Emilio Álvarez Blázquez nasceu no dia 16 de Abril de 1919. Morreu em 1988.)

quinta-feira, 16 de abril de 2015

Emilio Álvarez Blázquez

É noso pai quen chama.
Vén triste, esfarrapado,
e nós non temos nada.

 - Vaia con Dios, mi vida,
dícelle a nosa nai.
¡Cómo chora a probiña!

- Eu non pido, María,
que só veño onda vós
a dar a despedida,

que me levan á morte
os infames, os tortos,
os sañudos traidores.

Cando desperte o día
morrerei sen máis culpa
que ter a ialma limpa,

que amar a luz, o ar,
as palabras da paz,
a voz da libertade...

- Vaia con Dios, mi alma,
vaia com Dios, mi vida...!
¡Cómo chora a coitada,

cómo chora a pobriña,
cómo se lle parte o triste
corazón a María...!

"O Tempo Desancorado", Emilio Álvarez Blázquez

(Emilio Álvarez Blázquez nasceu no dia 16 de Abril de 1919. Morreu em 1988.)