Mostrar mensagens com a etiqueta Leandro Carré Alvarellos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Leandro Carré Alvarellos. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 30 de agosto de 2018

Leandro Carré Alvarellos 3

 [...]
María.- Estase portando moi ben.
Miguel.- Regularmente.
María.- Estivo aquí o Señor da casa de Montrove.
Ramón.- ¿Quere saber se quedamos ou non co'ela?
María.- Si.
Miguel.- Paréceme algo vella, pero ten sol, ten âr, e aquela vista preciosa da ría... ¡alí débese vivir!
Ramón.- Pois nada, aceptala.
María.- Si, si, haina que aceptar...
Miguel.- E logo, poderei estar sempre respirando o recendente aroma dos piñeirales... Alí mellorarei seguramente, alí poñereime bon...
María.- Si, si.
Miguel.- Xa verás como non tês que andarme pinchando para me facer pasear... a mesma natureza convida.
Ramón.- Pois dala por nosa; e canto mais antes...
[...]

"O Pago, drama en tres actos", Leandro Carré Alvarellos

(Leandro Carré Alvarellos nasceu no dia 30 de Agosto de 1888. Morreu em 1976.)

quarta-feira, 30 de agosto de 2017

Leandro Carré Alvarellos 2

Ramón.- ¡Negouse!
María.- (Que deixa a costura e chégase á él impaciente) ¿De maneira...?
Ramón.- Que xa non séi que facer, nin como procurarme ese diñeiro que precisamos.
María.- ¡E Miguel ten que ir â aldea!
Ramón.- Si, ten que ir â aldea; ten que saír d'esta casa sen sol, sen âr; e de non poder ir á Suiza, á un sanatorio, ten que ir â aldea...
María.- ¡Oh! ¡É horrible esto, meu Dios, é horrible!
Ramón.- Horrible e vergoñoso, María. Levar toda a vida traballando, buscar e facer a riqueza para outro, e á final, cando o corpo doente, fatigado ou podre de vivir á sôma, respirando o pô dos almacés insanos, vivindo en locaes antihixíenicos, precisa un descanso ou un sanatorio, atoparse con que por toda consideración aquel que o noso traballo e a nosa intelixencia enriquecen nos dá como unha esmola a mitá do sueldo que tiñamos... e tal vez se a enfermedá dura moito, hastra ese socerro é suspendido.
María.- Pobre Miguel... Mais que á min coase quería a casa en que traballaba, onde foi deixando a saúde...
Ramón.- Non traballaría mais se o comercio fose seu.
María.- ¡E o pago dos seus desvelos...!

"O Pago, drama en tres actos", Leandro Carré Alvarellos

 (Leandro Carré Alvarellos nasceu no dia 30 de Agosto de 1888. Morreu em 1976.)

terça-feira, 30 de agosto de 2016

Leandro Carré Alvarellos

As duas amigas

Ben sei que âs nenas gústanvos os contos de encantos; mais os encantos teñen cáseque sempre unha aparencia que abraya e unha realidade que, en conocéndoa, é a cousa mais sinxela da vida.
Esto pasaba antre duas amiguiñas: Ádega e Carmeliña.
Carmeliña tiña un encanto, dicía ela, que lle daba colares, pulseiras, vestidos e ata larpeiradas. Ádega endexamais podía disfroitare de aqueles lilalos, de aquelas lambetadas; porque a sua nai, que era probe, non podía depararllas; e Ádega, que era amiga de Carmeliña, tíñalle por aquela diferencia, por aquel privilexio, un pouquichiño de envexa.
Carmeliña estrenaba un vestido.
-¡Qué vestido lindo trás! - dicíalle Ádega - ¿mercoucho a tua nai? - Non; a miña nai é tan probe como a tua; tróuxomo o meu encanto, repricaba ela rindo.

-¿E cómo é o teu encanto? - perguntoulle unha vez Ádega - ¡Se eu poidera tér outro encanto que me
dera cousas! - sospiróu.
- Podes - díxolle Carmeliña - ; é a cousa mais doada. Eu, cando quero algo, voume para casa, estoume un anaco atenta, sen boligar, e digo:
 

Meu encanto, meu encanto,
axúdame no que pido,
quero un vestidiño novo;
damo tí, que és meu amigo
e xa que che quero tanto


e ao día seguinte ou pouco mais, aparez o meu vestido novo, ou o que lle pida - e rîu ditosa.

 [...]

"Obra Inédita e Esquecida", Leandro Carré Alvarellos

(Leandro Carré Alvarellos nasceu no dia 30 de Agosto de 1888. Morreu em 1976.)