Mostrar mensagens com a etiqueta Faustino Rey Romero. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Faustino Rey Romero. Mostrar todas as mensagens

sábado, 27 de outubro de 2018

Faustino Rey Romero 2

A un tribunal composto de tres profesores

Burrísima trinidá
- como decía Curros -,
seica non sodes tres burros
e unha soia nulidá?

Eu examinarme? Cá!
Cando nas miñas me poño
son máis forte ca un carballo;
quizais que non saiba un coño,
pero vosoutros, supoño,
non sabedes un carallo.

Faustino Rey Romero

(Faustino Rey Romero nasceu no dia 27 de Outubro de 1921. Morreu em 1971.)

sexta-feira, 27 de outubro de 2017

Faustino Rey Romero

O merlo larpeiro      
 
Máis que merlo cantor, eres larpeiro.
(Se che ofendo, disculpa o que che digo.)
Nomearche a cereixa, a uva, o figo…
Auga debe facerche no peteiro.
 
Esta sona que tes de lambisqueiro
xa non é nova, que che ven de antigo,
porque dunha figueira es máis amigo
que da póla lustrosa dun loureiro.
 
É o teu gozo meirande andar de esmorga,
pois sabes que ó que ten baldeira a andorga
elle imposible ter o ánimo ergueito.
 
Anque o teu proceder eu non comparto,
cando vexo que tes o buche farto,
que che faga, desexo, bon proveito.


"Escolanía de Melros", Faustino Rey Romero 

(Faustino Rey Romero nasceu no dia 27 de Outubro de 1921. Morreu em 1971.)