[...] A idade, o saber e as facultades propias da súa función dábanlle ao escolante unha superioridade natural dentro do noso mundo infantil. Pero a utilización ríxida dunha lingua distinta da nosa, dunha lingua que excluía a nosa, dáballe unha autoridade estraña, unha autoridade que non era natural, unha autoridade que tiña un significado negativo, xa que en lugar de establecer a súa superioridade persoal de mestre trataba de establecer a nosa inferioridade colectiva. E non só a nosa inferioridade en canto a escolares, senón a inferioridade nosa en canto galego-falantes. Mais esa inferioridade englobaba tamén os nosos pais, os nosos irmáns e familiares, os novos veciños, a todo o que era o noso mundo propio.
"Da Miña Acordanza", Ramón Piñeiro
(Ramón Piñeiro nasceu no dia 31 de Maio de 1915. Morreu em 1990.)
Mostrar mensagens com a etiqueta Da Miña Acordanza. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Da Miña Acordanza. Mostrar todas as mensagens
sexta-feira, 31 de maio de 2019
quinta-feira, 31 de maio de 2018
Ramón Piñeiro 3
Deica entón - deica os 6 anos - a miña lingua única fora o galego, así que o choque máis importante que me produciu a escola foi o cambio de lingua. O escolante, que era de Lugo, falaba en castelán dentro e fóra da escola e falábao con todo o mundo, mesmo que fosen nenos ou vellos, homes ou mulleres, labregos ou cregos. Non facía a menor concesión. Falaba en castelán coa intransixente firmeza de quen cumpre un alto e sagrado deber. [...]
"Da Miña Acordanza", Ramón Piñeiro
(Ramón Piñeiro nasceu no dia 31 de Maio de 1915. Morreu em 1990.)
"Da Miña Acordanza", Ramón Piñeiro
(Ramón Piñeiro nasceu no dia 31 de Maio de 1915. Morreu em 1990.)
Subscrever:
Mensagens (Atom)