Mostrar mensagens com a etiqueta Borobó. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Borobó. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 10 de julho de 2019

Borobó 2

Inda que sempre escribía en prosa
castelán, soñei que si rimaría
os renglóns sairíanme na fermosa
fala en que falóu Rosalía.

E cando, por vez primeira, o texto
enceteino en galego, eu sentía
voar a prosa, escribindo en verso
coma si me levara da man Rosalía.

Deus me perdone, e Nosa Señora
da Saudade, señora de Murguía,
por meterme a facer versos, embora
ao xeito de Rosalía.

Borobó

(Borobó nasceu no dia 10 de Julho de 1916. Morreu em 2003.)

terça-feira, 28 de agosto de 2018

Borobó

Vivamos os soños, os soños tumultuosos que son as nosas vixilias. Solta as amarras da túa vida pasada, pois o barco que é a túa vida actual pode ser afundido dun momento a outro e non chegará nunca ó tranquilo porto que imaxinabas.

"Elección Parcial", Borobó

(Borobó, Raimundo García Domínguez de baptismo, nasceu no dia 10 de Julho de 1916. Morreu no dia 28 de Agosto de 2003.)