sábado, 30 de maio de 2020

Xavier Costa Clavell 5

O Manoliño era un rapaz intelixente e cheo de curiosidade. Inda non tiña dez anos e xa coñecía o pobo e a bisbarra de Vimianzo mellor que moitos veciños adultos nados naquelas terras. Recorrera unha e outra vez o belido e rico val que se extende entre os montes Sangro e Faro. Éralle familiar a imaxe da mámoa, a cuxa beira pasara horas e máis horas imaxinando fantásticas aventuras nas que el era o protagonista. Estivera máis dunha vez no castelo de Vimianzo. O seu pai adoptivo - a verdade é que don Fernando, pola súa condición de crego, non o era legalmente, pero sí na práctica - procuraba sempre que tiña ocasión estimular a afección do Manoliño polo devir da historia. Así o neno soubo que no castelo, moi ben conservado por certo, estivera preso por orde de Pedro Madruga o bispo de Tui don Diego de Muros.
   
"Fillo do Vento", Xavier Costa Clavell

(Xavier Costa Clavell nasceu no dia 30 de Maio de 1923. Morreu em 2006.)

Sem comentários:

Enviar um comentário