sábado, 16 de novembro de 2019

Antón Santamarina Delgado 3

O tio Constante non paraba de se repetir para os seus adentros que, ás mañans, os pitiños do poleiro non eran sempre os mesmos. Isto é, que habia menos. E quen era quen de contálos se nunca paraban quedos...
El, des-que viñera de Cuba, sempre criara polos e mais coellos. E agora, ultimamente, por mais que o refrán diga que "ave de vico non pon ao amo rico", ficara só coa cria de pitos. E era de verao cando mais produto lles tiraba, pois sen necesidade de ter conta de cando e onde habia feira, colocaba os seus pitiños entre os abundantes veraneantes que viñan tomar as augas medicinais que surxian, xenerosas, en varios pontos do enxido. Aqueles veraneantes, non afeitos ás graxentas e colesterólicas carnes de porco, sentian verdadeira predileccion polas branquiñas carnes dos bípedos. Congruéncia total, por outra banda, de reximes curativos compostos por descanso e saborosa boa cociña.
E non! Ao amañecer non estaban os mesmos pitos. Non habia a mesma cantidade que el, ollo de bon poleiro - e mellor poleiro ca el non o habia -, fitara teimosamente antes de se ir deitar.
Antes nunca lle faltaran!
A xente do Café?


"O Gatiño da "Miss" e Outros Contos", Antón Santamarina Delgado

(Antón Santamarina Delgado nasceu no dia 16 de Novembro de 1928)

Sem comentários:

Enviar um comentário