segunda-feira, 24 de junho de 2019

José Luis Sucasas 3

A confesión do criado Ensión

[...] 
De repente, o peito do descoñecido inchou coma unha vincha, que mesmo daba a impresión de estar a piques de estoupar e saltar polos aires. Ergueu da mesa e camiñou dun lado a outro sobre o piso de baldosas da taberna, ata que semellou controlar o seu peito; deulle unhas palmadas e facendo moita forza, pasou as palmas das mans dende os peito ata o bandullo, coma se desinchara un neumático. Desconcertado, eu vixiaba de esguello a reacción do resto da clientela, que seguía ao seu sen inmutarse. Ata pensei en fuxir e poñer terra de por medio. Á fin o home volveu sentar. O meu desconcerto debía ser tan grande que o home repetiu a súa última frase, palabra por palabra, e cun aceno das mans mandoume proseguir; coma se nada tivera pasado, vaia. Cando recuperei a presenza de ánimo, díxenlle que eu non lle dera creto á celada porque os autores dos libros eran clérigos e non ían luxar a imaxe dun prelado da Igrexa con porcalladas tan impropias e nefandas. “xa... xa..., interrompeume e deu unha palmada no aire. "... ou sexa, que borras da historia a felonía dos criados e, pola contra, narras o asunto dos cornos do touro bravo coma se tal cousa, coma quen vai tomar un chato á taberna, coma se a corna fora un enfeite de quita e pon..."
[...]

José Luis Sucasas, em Praza Pública

(José Luis Sucasas nasceu no dia 24 de Junho de 1959. Morreu em 2017.)

Sem comentários:

Enviar um comentário