sábado, 24 de novembro de 2018

Eugenio Montes 3

Good-bye, Galicia

Na Galicia aínda hai lúa porque aínda non hai negros
- eu xa os vin en New Orleans violándoa en camisa -
no intre que na fogueira do jazz os antropófagos
a carne do silencio cocían coa súa risa.

Na Galicia aínda os melros baixan beber aos ollos
porque os klaxon non deixan en knock-out as esquiñas
máis xa en París as casas de seguros de viaxes
non pagan prima de pasaxe ás anduriñas.

A ría ao sol é rosa. Nela liban as gaitas
o mel das súas cántigas i a sede do roncón,
mais Deus ten contratado pra o xuicio derradeiro
unha banda de arcanxos con baixo e saxofón.

Galicia é inxenua, aínda, como un real de sardiñas
porque as olas en Moaña non ouviron de Freud,
mais tí i eu xa fumamos o Lucki Strike do Sena
i hai que darlle a Esculapio un chapeu de cow-boy.


"Versos a Tres Cás o Neto", Eugenio Montes

(Eugenio Montes nasceu no dia 24 de Novembro de 1900. Morreu em 1982.)

Sem comentários:

Publicar um comentário