terça-feira, 23 de outubro de 2018

Xervasio Paz Lestón 3

Noiva de emigrado
 
N-o encanto da homilde aldea
naceu súa fermosura
envolta n-a galanura
d-enxebre gracia serea.

¡De beleza ultraterrea:
os seus ollos amantiños
son com-as frores dos liños;
os seus labios, dous craveles,
i albas perlas, detrás d-eles,

son seus dentes miudiños!

Cal románica vestal
mantén o fogo sagrado
n-o mol altar agochado
do seu peito virxinal,

donde arde o amor ideal,
e n-as alas da ilusión
vai a lírica pasión
cabo do mozo adourado,
do nobre chan emigrado,

dono do seu corazón.
[...]

Xervasio Paz Lestón

(Xervasio Paz Lestón nasceu no dia 23 de Outubro de 1898. Morreu em 1977.)

Sem comentários:

Publicar um comentário