terça-feira, 30 de outubro de 2018

Gustavo Pernas

Branco e negro

Home e muller vestidos de branco e negro. Sala de espera con dúas sillas.

EL - (Incómodo) Vai calor, ¿eh?
ELA - 1300.
EL - ¿Cómo?
ELA - 1300º aí dentro...
EL - ¡Ah, si...! Iso lémbrame a cola do pan...
ELA - ¿Que?
EL - Tamén vai calor... o forno, xa sabe, e hai que esperar... claro que de pé... e alí faíseche a boca auga...
ELA - ¡Aah! (Rompe a chorar) ¡Auga!
EL - ¿Quere beber?
ELA - Non somos máis que auga...
EL - É bo chorar.
ELA - Nun 80%...
EL - O que faga falta.
ELA - Un 80% de nós é auga...
EL - Non crea que non o intento...
ELA - Tódolos días...
EL - Pero non podo...
ELA - Tódolos días ás 5 da tarde...
EL - ¿Ás 5?
ELA - Despois do café.
EL - ¿O café?
ELA - Choro...
[...] 

Gustavo Pernas

(Gustavo Pernas Cora nasceu no dia 26 de Novembro de 1959. Morreu ontem, dia 29 de Outubro de 2018.)

Sem comentários:

Publicar um comentário