sábado, 22 de setembro de 2018

Amador Montenegro 3

Por qué canto

Canto, por qué en Galícea,
N-esta bendita e feiticeira terra,
Dend'o val hastr'a serra,
Dend'as penas d'a praya âs altas cumes
Pobradas de remores e de arumes,
Todo canta, facéndolle xustícea,
Dando soaves ôs ventos
Notas mil de gratísemos concentos.

Os inquedos regatos
Que cruzan en cen voltas escumantes

Iste eterno xardín, aló n-os matos
Os xílgaros amantes;
As ondas bramadoras
Que reventan n-as prayas, ou mainiñas
Morrer veñen de mayo n-as tardiñas;
N-os pechos bosques o bramar d'as feras;
o cantar malencóneco e tristeiro
Qu'entona n-o seu barc'o mariñeiro;
As queixas d'a zanfona,
O célteco aturuxo qu'o aire fende
Resoando n-os vales e cañadas;
As notas compasdas
D'a gaita remolona,
Que pol-o imenso espáceo logo estende
O vento garimoso,
Estrofas son de un cántico fermoso.

[...]

"Muxenas", Amador Montenegro 

(Amador Montenegro nasceu no dia 30 de Abril de 1864. Morreu no dia 22 de Setembro de 1932.)

Sem comentários:

Publicar um comentário