domingo, 15 de julho de 2018

Rosalía de Castro 6

Calade!

Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias
e nos penedos ásperos do noso inmenso mar
fadas de estraño nome, de encantos non sabidos,
que só con nós comparten seu prácido folgar.


Hai antre a sombra amante das nosas carballeiras,
e das curtiñas frescas, no vívido esprendor,
e no romor das fontes, espritos cariñosos
que só ós que aquí naceron lles dan falas de amor.


I hai nas montañas nosas e nestes nosos ceos,
en canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser,
cores de brilo soave, de trasparencia húmida,
de vaguedade incerta, que a nós só dá pracer.


Vós, pois, os que naceches na orela doutros mares,
que vos quentás á llama de vivos lumiares,
que só vivir vos compre baixo un ardente sol,
calá, se n'entendedes encantos destos lares,
cal, n'entendendo os vosos, tamén calamos nós. 


"Follas Novas", Rosalía de Castro

(Rosalía de Castro nasceu no dia 24 de Fevereiro de 1837. Morreu no dia 15 de Julho de 1885.)

Sem comentários:

Enviar um comentário