segunda-feira, 14 de maio de 2018

Avelino Pousa Antelo 2

Galegos, gallegos e galleguiños

Para min, son galegos os que teñen como divisa o engrandecemento da súa terra. Para eles podería servir esta declaración:
Creo en Galicia.
Creo que tódolos galegos temos un deber inexcusable de traballar polo engrandecemento da nosa terra.
Creo que a todos - homes e mulleres, da cidade ou do campo, tanto os que viven na terra coma os emigrados - nos importa a mellora de Galicia en tódolos aspectos: cultural, social e económico.
Queirámolo ou non - moitos non o cren ou non o queren -, o noso primeiro deber como españois é comezar por sermos bos galegos, aínda que soamente sexa por aquilo de que é preciso poñer en orde a casa propia antes de pretender amaña-la allea. Dínolo moi ben a cántiga:

Unha vella dixo a outra
polo burato da porta:
ti goberna a túa vida,
que a miña nada che importa

Quedamos, pois, en que o primeiro, para os naturais de Galicia, é ser bos galegos. E isto significa que, como tales, teñamos uns dereitos e uns deberes. Os primeiros importan pouco - se acaso a satisfacción de desfacer tópicos e lugares comúns sobre a nosa terra e as súas cousas -. Os deberes si que importan. Importan, apreman e urxen, para estes galegos, ós que Pondal chama "os bos e xenerosos" nas estrofas do noso himno. Son o arquetipo da raza, e o seu labor hónranos a todos.
[...]

Avelino Pousa Antelo

(Avelino Pousa Antelo nasceu no dia 14 de Maio de 1914. Morreu em 2012.)

Sem comentários:

Enviar um comentário